A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, avanzou este venres as liñas estratéxicas e as prioridades do programa económico do BNG, entre as que destacou a aposta decidida pola ciencia, a reindustrialización e un modelo enerxético ao servizo do País.
Fronte ao conformismo e a resignación, Pontón apostou pola ambición e a confianza no potencial do País para por en marcha a transformación e modernización económica que precisa Galicia para colocala “entre as nacións máis avanzadas”. É o gran reto que temos por diante e ao que me comprometo a partir do 18 de febreiro”, proclamou.
Un plan para a reindustrialización servirá, segundo explicou, para pechar ciclos produtivos e incrementar as cadeas de valor, cun impulso aos sectores tradicionais como a automoción, o naval, o textil o agro e o mar, pero tamén a outros con grande potencial de crecemento, como a biotecnoloxía, a cadea monte-madeira, as enerxías renovábeis ou a bioeconomía circular, entre outros.
No que se refire ao modelo enerxético, o programa avanzado por Pontón inclúe a creación dunha empresa pública de enerxía e a tarifa eléctrica galega.