Ana Pontón aspira a ser a primeira, muller e nacionalista, que presida a Xunta

1 minutes read

Nun acto multitudinario que convocou este domingo en Santiago a militantes e simpatizantes do BNG, a portavoz nacional, Ana Pontón, presentou a súa candidatura ás eleccións galegas co reto de “facer historia” e ser o referente da maioría social que quere un cambio real e lograr unha Presidencia da Xunta liderada por primeira vez por unha muller e por unha nacionalista.

Un nutrido grupo de asistentes tivo que quedar na rúa nun auditorio desbordado, o que fixo necesario que a candidata, micro en man e subida a unha caixa, lle dirixise unhas palabras que foron recibidas ao grito de “presidenta, presidenta”.

“Que ninguén o dubide, imos facer historia, imos deixar atrás esta década gris e abrir un tempo novo da man do BNG”, arrancou Pontón a súa intervención, na que agredeceu o entusiasmo e o apoio da militancia. “É unha honra e unha enorme responsabilidade coa cidadanía que quere un cambio de rumbo, un compromiso coas persoas que están a mirar cara nós, coas que nos votaron e coas que nos ven como a mellor opción para o cambio real”.

Acompañada de representantes de diferentes colectivos: feministas, investigadores, dos traballadores de Ferroatlántica ou do hospital de Verín, Ana Pontón fixo un chamamento á cidadanía que aínda non forma parte do BNG para que se una ao proxecto de futuro que representa, sen sumisión a Madrid, dixo, e coa capacidade de decidir o futuro do país.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?