Ana Pontón cualifica de “rácanas” as medidas do Estado pola crise sanitaria

0 minutes read

A portavoz nacional do BNG afirmou que: “Non se trata de aprazar senón de condonar o pago das hipotecas, é hora de que a banca devolva parte do rescate. Non podemos permitir que a crise a paguen os de sempre”. Pontón tivo palabras de alento, tamén, para as persoas que padecen o virus e, moi especialmente, para as familias que perderan un ser querido. “Non están soas”, subliñou. O BNG propón paralizar toda a actividade económica que non sexa indispensable, para protexer ao máximo a todos os traballadores e traballadoras dun risco de contaxio.