Ana Pontón destaca o logro do BNG na supresión da peaxe Vigo-Redondela

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, trasladou aos representantes da veciñanza de Teis e Chapela información de primeira man sobre o acordo do BNG co Goberno do Estado, polo cal o tramo da AP-9 entre Vigo e Redondela pasa a ser gratuíto e, ademais, non se repercutirá nas persoas usuarias ningún incremento derivado das obras de ampliación da Ponte de Rande. Un logro histórico que se traduce na partida de 50 M€ nas contas estatais de 2021 que permitirá a maior rebaixa das peaxes da historia desta autoestrada da que se beneficiarán 20.000 persoas que usan esta vía a diario, todo en cumprimento do acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE para gobernar España. Pontón subliñou a importancia de ter representación do BNG no Congreso para avanzar no obxectivo de conseguir unha AP-9 de xestión galega e libre de peaxes, e a inclusión desa partida específica nos orzamentos.