Ana Pontón | ‘Dous titulares, un ano de diferenza, a mesma propaganda de sempre’


  • Segundo o BNG estes son uns orzamentos rutineiros que ignoran que temos que superar a maior crise social e económica en tempos de paz.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou este mércores que os orzamentos aprobados pola Xunta para 2022,“non son os orzamentos para a recuperación do País e mostran un Feijóo que segue pensando Galiza en pequeno, cando máis se precisa pensar Galiza en grande”.

“Lamentablemente non son os orzamentos que se necesitan para a recuperación económica, para un novo modelo económico baseado na ciencia e no coñecemento, para enfrontar o reto do cambio climático con decisión; para frear a desertización industrial que ten en risco miles de postos de traballo; para reforzar os servizos públicos nin para avanzar nun novo modelo de coidados que aposte unha rede de residencias públicas”, sintetizou a líder do Bloque tras a Xunta de portavoces.

Tampouco son estas as contas que Galiza precisa para enfrontar retos estruturais como a crise demográfica, porque nin hai medidas de calado para desenvolver o medio rural, nin tampouco para traer de volta ós 200.000 mozas e mozas que colleron as maletas na última década.