Ana Pontón en Cee: ‘Saímos a por todas para facer valer Galiza en Madrid’

1 minutes read

O BNG abriu a precampaña de cara ás eleccións xerais do 23 de xullo en Cee cun mitin no que se fixo eco da discriminación que tamén soporta a comarca da Costa da Morte, e no que participaron a portavoz nacional, Ana Pontón, e Nestor Rego, que lidera a candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña,  acto que a líder do Bloque aproveitou para facer un chamamento a votar “coa cabeza e o corazón” en Galiza.

“Este 23 de xullo está en xogo que Galiza conte ante o Estado, está en xogo ter para a comarca da Costa da Morte unha voz propia máis forte que defenda os seus intereses en Madrid e para conseguilo a alternativa ao de sempre é o BNG: unha garantía para que Galiza sexa respectada en Madrid e, ao mesmo tempo,  avanzar en dereitos e liberdades, así como defender os dereitos desta comarca”.