Ana Pontón | “Feijóo volve coas mans baleiras tras a reunión con Sánchez”

1 minutes read

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou a falta de resultados do encontro mantido entre o presidente do Goberno do Estado e da Xunta: “A reunión entre Sánchez e Feijóo foi un auténtico bluf e ben que lamento ter que dicilo así, pero o certo é que o presidente da Xunta volve coas mans baleiras a pesar da situación de emerxencia sanitaria, económica e social que temos no país”. Un encontro que remata sen nada concreto para Galicia, pese as moitas cuestións pendentes, algunhas das cales son exactamente as mesmas que se plantaron na xuntanza que mantiveron fai dous anos con idéntico resultado final, demostrando “a falta de peso político e a incapacidade de Feijóo para defender os intereses dos e das galegas”. A líder nacionalista tamén criticou a falta de ambición do xefe do Executivo galego á hora de conseguir un reparto xusto dos fondos europeos de recuperación económica, o Next Generation.