Ana Pontón | “Galiza deu a talla, pero o Goberno de Feixóo non”

1 minutes read

O BNG cre que o Goberno galego non estivo á altura da pandemia. A líder dos nacionalistas, Ana Pontón, repróchalle a Feijóo que non tomase nota das leccións que deixa a crise, como a necesidade de blindar a sanidade pública ou poñer en marcha un novo modelo de coidados para os anciáns.

«Os galegos e galegas deron a talla, estiveron á altura, pero non o estivo o Goberno de Feijóo. Durante toda esta pandemia foi incapaz de anticiparse, de tomar decisións que permitiran protexer mellor a nosa sociedade e non tomou nota das leccións que nos deixa esta pandemia», lamenta Pontón.

“O compromiso do BNG é seguir traballando, -día a día e sen escatimar esforzos-, para saír canto antes desta crise, apostando polos sectores produtivos, por unha economía verde baseada na ciencia e na investigación, para sacar adiante os sectores máis afectados pola COVID, para recuperar o emprego e por blindar os servizos públicos que salvan vidas, concluíu.