38
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitou a súa participación no acto de homenaxe a Rosalía e Castelao organizado por Galiza Nova para facer un chamamento á mocidade galega a ser “motor” do cambio real que precisa este País, para construír unha Galiza con futuro “tamén e sobre todo para a xente moza, porque non hai futuro sen a mocidade”.
“Vós tedes a enerxía, a forza e o entusiasmo”, subliñou, “para mudar a Galiza da desolación pola Galiza da esperanza e nese reto podedes contar sempre con BNG”, proclamou Pontón en Santo Domingo de Bonaval que, un ano máis acolleu o acto de homenaxe, antes da ofrenda floral no Panteón de galegos e galegas ilustres.