Ana Pontón: “O Bloque ten que liderar a Xunta en 2020″

1 minutes read
  • Ante máis de 200 cargos municipais, insta a ensanchar o avance do BNG, para “dar o salto” que permita desaloxar a Feijóo da Xunta

O BNG congregou en Santiago a máis de 200 responsables municipais aos que a portavoz nacional, Ana Pontón, instou a dar o mellor de si para traballar desde xa “no gran reto” que son as eleccións galegas de 2020. Convencida de que Feijóo é o pasado, a líder nacionalista proclamou que só o Bloque é garantía dun cambio real nese novo tempo político que levará ao PP á oposición.

A celebración deste cumio de política municipal proba até que punto o Bloque considera importante de cara ao reto das eleccións galegas o traballo nos concellos, tanto desde o goberno como desde a oposición. “Sodes o máis valioso para transformar este país”, recalcou Pontón ante alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras.

De cara a esa cita coas urnas, a primeira escala é a celebración do Día da Patria, que o Bloque quere aproveitar para visibilizar a súa fortaleza social e organizativa.