14
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, participa este sábado 28 de marzo na presentación da campaña do BNG a favor da gratuidade da AG-55, nun acto simbólico que tamén contará coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e de todos e todas as responsables municipais dos concellos afectados.
Con esta campaña, que se desenvolverá ao longo do tempo, o BNG pretende liberar de peaxe a principal vía de comunicación nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte, que afecta a unha poboación de máis de 100.000 habitantes.