Ana Pontón presentou a súa candidatura á Xunta polo BNG

1 minutes read

Arroupada por mulleres militantes e  con cargos políticos e nas institucións, a portavoz nacional formalizou este domingo a presentación da súa candidatura para a presidencia da Xunta dentro do proceso aberto polo BNG. “O cambio galego está en marcha, imparable, e aspiro a ser a presidenta que lidere ese cambio, desde a esperanza, desde a confianza, ao lado de toda esa cidadanía que quere abrir un tempo novo”, proclamou Ana Pontón diante dun auditorio ante o que se presentou “con toda a humildade pero con toda a ambición de querer poñer en marcha unha Galiza mellor para todos e todas” e de facer historia como primeira presidenta do País.

Nun acto cargado de emotividade no que as mulleres foron as protagonistas, Pontón, “a neta de Carmen, a filla de Aurita e nai de Icía”, asegurou encarar o “reto máis grande da súa vida”  coa “man tendida” e convencida de que hai unha maioría de galegos e galegas que queren unha Galiza nova “na que vivir e traballar con dignidade, con servizos públicos de calidade, con benestar social”. “Aspiro a ser presidenta para mellorar a vida da xente nun País no que soñar e con oportunidades para facer realidade os nosos soños”, declarou.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?