Ana Pontón propón 1.100 M€ do Next Generation a proxectos contra o cambio climático

1 minutes read

Nun cumio que congregou aos cargos institucionais do BNG na provincia de Ourense, a portavoz nacional do partido, Ana Pontón, explicou as propostas do Bloque para combater o cambio climático desde a bioeconomía e a xestión dun recurso estratéxico como é a auga nunha urbe que ten entre os seus activos o Campus da Auga e conta cunha longa tradición termal en toda a provincia.

Fíxoo a beira do Miño en Ourense e O Día mundial da auga, para presentar os proxectos en materia de economía circular e para a xestión do ciclo da auga cun investimento global de 1.100 M€ financiables con cargo aos fondos europeos de recuperación, Next Generation, que inclúe no seu documento Xerar Futuro, Galiza Next.

Pontón puxo precisamente a vila alaricana como exemplo de desenvolvemento sustentable, partindo da recuperación dun recurso hídrico e dun espazo ambiental como o Río Arnoia fai máis de tres décadas.

Para esa xestión sustentable do ciclo da auga, o BNG aposta por tres grandes proxectos cun investimento de 800M€:  Estratexia da auga 2030, Plan Galiza dos dez mil ríos e Proxecto Galiza termal con sede en Ourense. Xunto á xestión do ciclo da auga, e outra cuestión relevante é a economía circular, para o que BNG presenta propostas por valor de 300M€, unha aposta pola bioeconomía que se traduce en dous proxectos concretos:  a Axencia para os Residuos e a Economía Circular e o Proxecto ForMar para a investigación e aproveitamento de materiais de orixe forestal e mariña.