O Consello Nacional do BNG, máximo órgano entre asembleas, gardou un minuto de silencio pola traxedia do Vila de Pitanxo, para trasladar a solidariedade e o afecto a todas as familias afectadas. Acto seguido a portavoz nacionalista, Ana Pontón, destacou que o BNG “vai seguir traballando para mellorar a vida das persoas, con propostas e ideas para sacar Galiza adiante, ocupándonos dos temas que preocupan á cidadanía e dando alternativas”, recalcou, “porque o BNG é a alternativa para unha Galiza con futuro fronte ao PP de Feixóo que sigue ancorado na corrupción e agora en plena guerra interna”.
De feito, a líder nacionalista salientou a necesidade de confiar “nas nosas propias forzas, en mirar máis cara nós, confiar no noso potencial como País”, máxime ante a evidencia de que “os desoladores aires que sopran desde a capital do Estado non van traer ningunha solución os problemas dos galegos e das galegas”.
A conclusión é evidente: o PP non persegue a corrupción senón que a usa nas súas loitas internas de poder, e nese espectáculo vemos a Feixóo que en vez de reclamar que a fiscalía investigue, pide que os trapos sucios do PP se laven na casa, que se corra un tupido velo e que as diferencias se arranxen de portas para adentro. E aínda hai quen pensa que é a persoa capaz de rexenerar o PP. Terá tempo de demostrar que se equivocan, se esta vez logra vencer o medo ós dossieres”, ironizou.