Ana Pontón solicita unha reunión con Feijóo

1 minutes read

A líder do BNG entende que, nunha situación de crise sen precedentes en tempos de paz, é máis necesario que nunca deixar de lado o partidismo e a confrontación e dar alternativas á cidadanía.

“Solicito unha reunión co presidente da Xunta porque, dada a situación de crise que vive Galiza e a súa durísimas consecuencias, é tempo de diálogo, de propostas, de negociación e de sumar en positivo para sacar este País adiante e darlle solucións aos problemas da xente, para dar esperanza de futuro por parte de quen temos a obriga de facelo, tanto desde o Goberno como desde o principal partido da oposición”, salientou Pontón.

O socialista Gonzalo Caballero reclama que esa reunión sexa cos dous grupos da oposición, e non só co BNG.