Ana Pontón traslada «esperanza» na súa mensaxe de fin de ano

1 minutes read

Ana Pontón, optou por primeira vez por un novo formato para dirixirse a todos os galegos e galegas cunha mensaxe de fin de ano para expresar o seu recoñecemento á toda a cidadanía pola súa reacción exemplar ante unha crise sen precedentes en tempos de paz. No seu discurso, a líder nacionalista traslada un compromiso e unha mensaxe de esperanza en nome do BNG. Ao longo dos 3:30 minutos de discurso, -que o BNG difunde a través das súas redes sociais-, Pontón foise dirixindo a todas as persoas e colectivos máis afectados pola pandemia no sanitario, no económico e no social, e expresou o seu “orgullo” por formar parte “deste gran país que é Galiza, a nación que amamos, construímos e compartimos”.