Anair Lomba perdeu o coñecemento tras un choque brutal


A xogadora galega do Español Anair Lomba deu o susto no último partido da liga feminina. Tivo que marchar do campo no minuto 93 logo dun choque con dúas xogadoras rivais. Anair sufriu un traumatismo craneoencefálico e perdeu o coñecemento. Afortunadamente chegou ao hospital consciente e orientada segundo comunicou o club españolista.