Ángel Carracedo | Doutor ‘honoris causa’ pola Universidade de Minho

Cedida.

Nunha cerimonia celebrada nas instalacións da institución portuguesa, a universidade destaca o impacto do seu traballo nos campos da xenética forense, clínica e de poboacións, ademais da aplicación dos seus estudos cara á sociedade no ámbito da farmacoxenética, ou o seu impulso na alfabetización científica e na difusión dos valores científicos e humanos.

“Un home humilde, testemuña do noso minifundio xenético, que está no alto da ciencia, pero vive na base da sociedade”, trasladou o neuropsicólogo Óscar Gonçalves no acto de distinción, ademais de situalo “na antesala do Nóbel”. Carracedo, pola súa banda, agradeceu o nomeamento e incidiu no seu discurso da importancia da diversidade e a necesidade da educación en valores, desde o punto de vista da xenética.