Ángel Carracedo liderará o maior programa de Medicina Xenómica de España

1 minutes read

O director do grupo de Medicina Xenómica do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), Ángel Carracedo, coordinará desde Santiago de Compostela o programa de Medicina Xenómica, un do tres financiados na Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT) da Acción Estratéxica en Saúde 2017-2020 do Instituto de Saúde Carlos III.

O programa, dotado con 7,25 millóns de euros, contempla a creación dunha rede de secuenciación de nova xeración de altas capacidades en todo o Estado asociada a unha estrutura que permita desenvolver tres proxectos piloto sobre enfermidades raras, cancro e farmacoxenética de biomarcadores de resposta a tratamentos en cancro e enfermidades psiquiátricas.

Carracedo mostrouse «moi ilusionado» con este proxecto, que «marca o camiño presente e futuro do desenvolvemento da medicina personalizada de precisión en España», xa que, lembrou, o medicina xenómica permite «facer diagnósticos, identificar os mellores tratamentos e deseñar estratexias de prevención».