Animada Pequefeira do alumnado do Horto Infantil Ecolóxico Municipal de Carballo

1 minutes read

A celebración da Pequefeira este venres en Carballo congregou a mamás, papás, avoas e avós, ninguén quixo perderse a oportunidade de ver aos nenos e nenas convertidos en comerciantes, pero ao longo da mañá foron aumentando o público e as vendas. Nin o alcalde puido resistirse a mercar unhas leitugas.

Agora tócalles aos nenos e nenas decidir que fan cos ingresos obtidos: ou ben dedicalos a mellorar as instalacións dos hortos nos seus coles ou ben destinalos a unha causa social. Este ano participaron máis de 2.000 alumnos e alumnas dos colexios Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, San Luís Romero e Artai, así coma das escolas do CRA Ponte da Pedra e dos 62 nenos e nenas que acoden cada semana aos obradoiros que se celebran nas instalacións da rúa Nardos. E ademais, aínda que o cole non participa nesta actividade, un grupo de nenos e nenas do CEIP A Cristina achegáronse ata a Praza do Concello para facer unha visita aos seus compañeiros.

Celebración da Pequefeira este venres en Carballo.

Con esta iniciativa rematase o proxecto escolar por este ano, aínda que no Horto Infantil Ecolóxico Municipal non cesa a actividade, e xa están a preparar tanto os obradoiros de verán coma os do curso que vén.