Animado clinic de baloncesto en Carballo

1 minutes read

O Pavillón Vila de Noia acolleu este sábado o I Clinic de Baloncesto Concello de Carballo, unha actividade promovida pola EscolaBasket Xiria e que contou coa colaboración do Concello e da Federación. 90 adestradores asistiron á sesión formativa e todos escoitaron a exposición teórica e as demostracións prácticas dos tres relatores predispostos para a ocasión: Víctor Tomás Pérez Bermúdez (Santiago, 1973), José Ramón “Jota” Cuspinera Diéguez (Getxo, 1970), e Óscar Lata Alonso, (A Coruña, 1974) ex do Basket Xiria. O clinic ten como finalidade axudar na formación do/a xogador/a, servir como referencia para os adestradores de base, e que poidan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos. Unha charla pola mañá e dúas na sesión de tarde conforman o programa do clinic, que validou 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que naceu coa idea de converterse nun clásico destas datas na comarca de Bergantiños.