Anquela é o novo adestrador do Deportivo

1 minutes read

Juan Antonio Anquela é o adestrador elixido por Carmelo do Pozo para comandar o novo proxecto do Depor.
Anquela alcanzou o seu mellor momento deportivo cando dirixía ao Alcorcón que eliminou ao Real Madrid da Copa do Rey. Este ano dirixiu ao Real Oviedo e foi cesado a poucas xornadas do final de campionato. Trátase dunha persoa con ampla experiencia na categoría de prata do fútbol español. Agora enfróntase a un dos retos máis importantes da súa carreira e buscará o ascenso co conxunto branquiazul.

Juan Antonio Anquela é un técnico ao que lle gusta o xogo por bandas e que os seus equipos sexan agresivos na presión. O Dépor contrata desta maneira a un novo perfil de adestrador que terá á súa disposición a un persoal de 22 xogadores.