O Senado de Estados Unidos, de maioría republicana, anulou este venres o veto do presidente saínte, Donald Trump, á lei do orzamento anual de defensa, valorado en 741.000 millóns de dólares. O voto no pleno do Senado marcou a primeira vez que o Congreso estadounidense invalida un veto de Trump durante os case catro anos que leva no poder, despois de que a Cámara Baixa votase tamén a favor desa iniciativa o pasado luns.
Con 81 votos a favor e 12 en contra, o Senado superou holgadamente a maioría de dous terzos que necesitaba para anular o veto de Trump e converter en lei o orzamento de defensa. O veto chega nos últimos días da Presidencia de Trump e promete elevar a tensión entre o mandatario saínte e os líderes do seu partido no Senado, cos que xa se enfrontou porque a maioría xa recoñeceron como presidente electo a Joe Biden, algo que el non acepta.