Anunciada nova oferta de emprego público en educación

1 minutes read

A espera da súa confimación mediante a convocatoria publicada no Boletín Oficial de Galicia, o presidente da Xunta de Galicia anunciaba este mércores no Parlamento Galego que, o próximo ano 2024, volverase a sacar unha nova oferta de emprego público (OPE). Esta primeira sesión de control do Parlamento tras o verán estivo marcada polas deficiencias no sistema educativo da Xunta que puxeron en manifesto tanto o líder da oposición, o BNG, coma o PSdeG.

Sobre o inicio do curso escolar, o portavoz do grupo PSdeG, Luís Álvarez, incidiu nas “carencias históricas e recorrentes” do sistema educativo galego. Entre elas Álvarez destacou o custo dos libros de texto que as familias teñen que afrontar neste mes de setembro. Tamén falou o voceiro socialista de cuestións como as ratios profesor/alumnos nos colexios públicos de Galicia ou as demandas dos docentes sobre as condicións en que traballan e acusou o presidente da Xunta de non querer escoitalos e de impoñerlles os seus criterios.

Fronte as acusacións, foi cando o presidente da Xunta fixo publica a información da agardada oferta de emprego público en educación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?