0
Anxo Bello Rodríguez (2007) da A.D.Fogar de Carballo e Oleiros, vén de participar coa Federación Galega de Atletismo no Campionato de España de Campo a Través Escolar sub16 e sub18 celebrado este domingo en Pamplona. Os galegos colgábanse a medalla de bronce por equipos na categoría sub 18 liderados polo lucense Teo de Frutos que acadaba o bronce a título individual e grazas tamén ao o esforzo conxunto do resto do equipo, con Miguel Alvariño rematando na 4ª praza, Asheber Díaz na 11ª, Iker Fernández na 23ª, Pepe Sánchez na 41ª e Anxo Bello na 57ª.