53
Un coche e un autobús víronse implicados nun accidente que tivo lugar na tarde deste xoves na AC-418 á altura dunha incorporación a localidade de Cances, en Carballo.
Houbo un choque entre ambos os vehículos o que provocou que o automóbil dese unha volta de campá. Ata o punto do accidente desprazáronse dúas ambulancias, pero segundo as primeiras informacións recibidas só había unha persoa ferida leve, que era a única ocupante que ía no turismo.
O 112 mobilizou a Protección Civil e aos Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso e á Garda Civil de Tráfico.