Aparatosos accidentes de tráfico en Carballo e Dumbría

1 minutes read

Unha muller resultou ilesa nun aparatoso accidente de tráfico ocorrido na mañá deste xoves en Carballo. O suceso produciuse á altura do número 117 de a avenida Bergantiños canto o turismo da marca KIA que conducía fixo unha manobra evasiva doutro que estaba a aparcar. A condutora non calculou ben e enganchou ao outro coche pola esquina esquerda traseira co seu ao mesmo tempo que daba un brusco volantazo polo que o KIA terminou envorcado sobre o lateral da condutora, quedando esta atrapada no interior. Tras o aviso pasado polo 112 ao lugar chegou de inmediato Protección Civil e unha patrulla da Policía Local, que foron os encargados de auxiliar e rescatar á muller, que por sorte só presentaba un hematoma nun ombreiro.

Unha muller necesitou atención médica tras saírse da vía un turismo OPEL que montou a beirarrúa e impactou contra un sinal de paso de peóns. Ocorreu na confluencia das rúas Gran Vía con Gravador Manuel Facal. Os presentes queixáronse da tardanza da ambulancia que atendeu á muller, que finalmente foi derivada ao PAC.

Doutra banda, á primeira hora da mañá, producíase un accidente entre un turismo e unha furgoneta na AC-552 ao seu paso pola parroquia dumbriesa de Berdeogas. A condutora do turismo tivo que ser liberada e evacuada de urxencia ao hospital de Cee. Outras dúas persoas máis tamén resultaron feridas. No operativo coordinado polo 112 interviñeron membros de Protección Civil de Dumbría, os bombeiros do parque de Cee, Urxencias sanitarias 061 e a Garda Civil de Tráfico.