Aparece morto un home que estaba pescando preto de Bueu

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular arredor das 1:10 horas da madrugada deste domingo. O alertador indicou que vía unha persoa na auga, na praia de Beluso.

Decontado, desde o 112 Galicia informouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e á Garda Civil. Salvamento Marítimo puxo en marcha o helicóptero Pesca I, a lancha Salvamar Mirach cun buzo e tamén a embarcación da Garda Civil Corvo Mariño para poder localizar á persoa, con resultado negativo durante a noite.

Este domingo, pola mañá, unha patrulla da Garda Civil conseguiu atopar á persoa, aínda que lamentablemente atopábase falecida. O home, de 38 anos era veciño de Marín, estanse a investigar as circunstancias do suceso.

Related posts

Dúas persoas falecidas tras unha colisión frontal entre un camión e un turismo en Lugo

UCIN lanza unha denuncia contundente contra a xestión sanitaria en Galicia

Falece un ciclista logo de sufrir unha caída en Cangas