17
Tal e como confirmou a Subdelegación do Goberno en Ourense, trátase dunha muller de 38 anos, veciña da localidade e de nacionalidade brasileira que presentaba golpes e mazaduras, pero non se sabe polo momento se foron intencionados ou polo proceso mecánico da recollida do lixo. O corpo estaba entre os residuos no punto de transferencia do concello do Carballiño, e foi localizado de madrugada. O cadaver foi evacuado do lugar ao Complexo Hospitalario ourensán para practicarlle a autopsia e poder determinar as causas da súa morte. A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias deste estraño suceso, sobre o cal se mantén o segredo das actuacións.