Unha muller de idade avanzada foi localizada sen vida en Lousame, no interior dunha mina de auga, segundo informan fontes da Garda Civil.
A muller saíra a pasear e faltaba da súa casa, polo que se puxo en marcha un operativo de busca, que deu como resultado a súa localización nun depósito de auga situado nunha zona de monte, previsto para a loita contra os incendios forestais.
Ao parecer a anciá non estaba a pasar un bo momento trala morte hai pouco tempo do seu marido.