A maquinaria para reabrir a canle de Baldaio ao mar xa están a traballar na zona, tal e como estaba previsto.
A actuación permitirá recuperar a conexión entre a lagoa e o mar, favorecer a renovación da auga e mellorar as condicións ambientais dun espazo natural de enorme valor, ademais de contribuír á recuperación da actividade marisqueira.
Tal como se acordou na xuntanza entre a Xunta de Galicia, a Demarcación de Costas do Estado e o Concello de Carballo, este é un primeiro paso imprescindible. Desde o Concello afirmanque seguirán traballando e reclamando a coordinación de todas as administracións para avanzar tamén cara a unha solución estable e duradeira para Baldaio.
Desde o PP afirman que unha vez mais a Xunta de Galicia cumpre
Os Populares carballeses afirman que «lonxe do ruido e da algarada seguirán a confiar na palabra e na xestión do Goberno Autonómico». A partires de agora,coinciden en que será necesaria a colaboración institucional, sen confrontación, co fin de acadar unha solución definitiva para preservar o «tesouro» que representa este Espazo Natural.
Os veciños afirman que a Xunta cumple, pero despois de dúas manifestacions que se tiveron que facer, porque a Xunta de principio dixo que estaba ben así, e se o pobo non se movilizara aínda non estaban as máquinas no lugar. Desde maio aínda tiveron tempo, conclúen.
