Aplaudir nos balcóns si, montar festa nos balcóns non está tan ben

2 minutes read
  • Algúns veciños quéixanse de que incordian nos labores doutros e que agora xa empezan os ensaios, mesmo con música, a media tarde.

Confinamento si, agradecemento aos equipos sanitarios por suposto, e aos corpos e forzas de seguridade, e a recollida do lixo.Todos estamos de acordo, e todo o que lles apoiemos vai ser pouco. Aos sanitarios hai que aplaudilos todo o ano, que sofren malos tratos, que están en primeira liña de risco, que teñen que ter un vixiante de seguridade na porta do hospital para que non lles mallen, que son incansables na loita e defensa dos seus dereitos, que ao final queda claro que son os de todos. Hai que aplaudirlles todo o ano. Pero agora igual xa é o momento de facelo doutra forma, reivindicando máis persoal na sanidade pública, máis medios para o sistema sanitario en xeral, máis chalecos de protección para a Policía, etc, etc, etc… E non nos esquezamos das telecomunicacións, porque sen internet, telefonía móbil, radio ou televisión, a estas alturas non habería entretemento, nin contacto directo coa sanidade ou a información e moito menos tele-traballo.

Aplaudir está ben, pero como aplaudamos a todos os que nos fan máis levadío o confinamento, igual pasámonos o día aplaudindo. Contribuíndo a que se cumpran as súas demandas podería ser unha moi boa forma tamén de axudarlles e recoñecer o seu traballo. Posiblemente as reunións de balcóns estéansenos indo das mans, e ao final a permisividade tráianos un problema de control. Dos aplausos pasamos aos altofalantes, de aí á música en vivo, á sesión vermut… do Dúo Dinámico a Camela, de aí aos Suaves e luces de cores…Agora xa se empeza, nalgún edificio, ás 6 da tarde cos ensaios dos equipos de son, e xa colga o cubalibre do quinto sobre a cervexa do cuarto o pitillo do terceiro, o chapeu do segundo e o equipo de música do primeiro, e aí pódese xerar un conflito. Responsabilidade por favor.