Aprazado o partido do Calvo Xiria en Canarias por alerta meteorolóxica máxima


O Calvo Xiria debería xogar este sábado a segunda xornada de liga, no municipal Pedro Padilla ás 19:30 (hora insular) contra o Bm Ingenio, no que sería o seu primeiro partido nas Illas Canarias e ante un dos rivais fortes da categoría, pero o goberno de Canarias declarou a situación de Alerta Máxima, por fenómeno meteorolóxico adverso. E os partidos que se debían xogar nas Illas Canarias aprázanse. Por tanto o Calvo Xiria non viaxará esta fin de semana ás Palmas como tiña previsto.