22
Hai seis persoas detidas nunha operación intensa na loita contra o narcotráfico nas costas andaluzas de Cádiz e Huelva. Nunha das intervencións os narcotraficantes lanzaron ao mar os paquetes con droga para evitar ser aprehendidos polos axentes. Noutra das actuacións, os axentes contaron coa colaboración da Garda Nacional Republicana portuguesa. Nese operativo recuperáronse 76 fardos de haxix. Ademais, os axentes tamén interceptaron outra barca no río Guadalquivir con 3.850 litros de gasolina para abastecer as embarcacións semirríxidas relacionadas con estas actividades ilícitas.