Aprobada a redución da xornada laboral ás 37,5 horas semanais

1 minutes read
  • Traballo calcula que uns 12 millóns de traballadores se verán beneficiados pola redución de xornada cando esta entre en vigor.

Consello de Ministros aprobou este martes o proxecto de lei para reducir a xornada laboral máxima legal a 37,5 horas semanais, que será remitido agora ás Cortes para iniciar a súa tramitación parlamentaria.

Así o anunciou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen asegurou que esta iniciativa, froito do acordo entre o Goberno e os sindicatos -do que se descolgou a patronal-, «avanza nunha España que vai ser mellor, modernizamos as empresas, o mundo do traballo e axudamos a que a xente sexa un pouco máis feliz», dixo.

Díaz deixou claro que o Goberno está a negociar con todos os grupos parlamentarios para buscar os apoios necesarios cos que sacar adiante esta norma que, xa de entrada, atoparase coa emenda á totalidade anunciada por Junts e co rexeitamento expreso do PP.