O presidente do Goberno e candidato do PSOE participou nun mitin xunto a Salvador Illa en Tarragona. Sánchez pediu seguir o ronsel marcado nos últimos comicios de EE.UU e en Brasil- co esmagador triunfo dos demócratas nas eleccións de medio mandato e a vitoria de Lula da Silva nas presidenciais- para augurar tamén o «desmoronamento» da «onda ultradereitista» en todo o mundo. Chamou á mobilización dos progresistas como a «mellor receita contra a involución» que, ao seu xuízo, supoñería un goberno de coalición de PP e Vox en España e vaticinou: «Se votamos en masa, Feijóo e Abascal á súa casa». Concluíu que os líderes de PP e Vox son unha «viaxe ao pasado» e por iso aseverou: «O pasado, pasado está e España necesita catro anos máis de avances e iso é o que vos pedimos para os próximos catro anos».
0
