O Concello de Ponteceso fixo efectivo esta semana o pago das subvencións aos clubs deportivos de Ponteceso e Corme por valor de 26.000 euros, nunha liña de axudas que ten por obxectivo prioritario dotar de capacidade económica ás entidades que fan posible que as nenas e nenos do municipio poidan exercer a práctica deportiva. Trátase dun anticipo do 50 % agardando a xustificación requerida para formalizar a cantidade restante.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, quixo agradecer “ás directivas de ambas organizacións o esforzo continuo que fan durante todo o ano para que a rapazada do municipio poida practicar deporte”, recalcando que “representan unha parte fundamental da columna vertebral da nosa sociedade.”
A vindeira semana continuaranse abonando os créditos correspondentes acordados coas diferentes organizacións que resultan beneficiarias dos mesmos.
