35
A Comisión de Saúde Pública aprobou este xoves a vacinación fronte ás vexigas do mono para os contactos estreitos de casos confirmados. Os técnicos do Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas tiveron en conta a «limitada dispoñibilidade das doses» e, por tanto, priorizan a vacinación de persoas con alto risco de gravidade ou de exposición ao virus. De momento, descartan unha campaña para inmunizar por grupos de poboación ou de forma xeneralizada, como ocorreu co coronavirus. Con todo, «podería recomendarse máis adiante en función da evolución do brote e da dispoñibilidade de vacinas», apuntaron desde o departamento que dirixe Carolina Darias.