- O Concello financia cun total de 60.000 euros programas formativos, de sensibilización social e gastos de mantemento das asociacións
Catorce entidades do concello de Carballo recibirán este ano as subvencións destinadas a asociacións sen ánimo de lucro que traballan no eido dos servizos sociais, sendo aprobadas todas as peticións. O importe correspondente a cada colectivo varía en función da cantidade solicitada e da puntuación acadada. A contía total acada os 60.000 euros, que se distribúen do seguinte xeito:
Aspaber: 6.786 euros (96,94% do importe solicitado) para o mantemento da entidade.
Asociación Antidroga Vieiro: 6.786 euros (86,77% do solicitado) para o programa “Quéreme ben”.
Cruz Vermella Carballo: 4.500 euros (100% do solicitado) para o Espazo de busca activa de emprego.
Cáritas Interparroquial de Bergantiños: 5.655 euros (56,55% do solicitado) para o servizo de atención primaria.
Alcer: 1.872,5 euros (89,16% do solicitado) para o programa Alcer 7 vidas.
Aloumiños: 4.147 euros (55,29% do solicitado) para o programa de actividades do 2021.
Fundación Amigos de Galicia: 3.770 euros (47,12% do solicitado) para o plan de cobertura de necesidades básicas ás persoas con domicilio en Carballo en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos.
Íntegro: 3.727,5 euros (93,18% do solicitado) para as campañas de visibilización da diversidade.
Centro Social San Xoán Bautista: 4.901 euros (61,26% do solicitado) para o “Programa de formación laboral e apoio educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos”.
Fundación Érguete-Integración: 1.668 euros (100% do solicitado) para a orientación laboral e xestión de competencias.
APEM: 5.278 euros (65,97% do solicitado) para a alfabetización dixital de persoas con enfermidade mental grave.
Proxecto Home Galicia: 3.000 euros (100% do solicitado) para o seu programa educativo.
Afaber: 6.409 euros (80,11% do solicitado) para o mantemento da asociación.
Asociación Española de Loita contra o Cancro: 1.500 euros (100% do solicitado) para o programa “AECC: estar cerca de ti”.
Á parte das subvencións anuais, dende a Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade tamén están abertas outras canles de colaboración coas entidades sociais. Nas últimas semanas veñen de aprobarse tamén convenios de colaboración con Cáritas Parroquial de Carballo e Vieiro, no primeiro caso por un importe de 15.000 euros para o mantemento do Centro de Día Fogar de Bergantiños e no segundo, por 6.000 euros para o financiamento dos programas de prevención da exclusión que desenvolve a entidade.