Aprobado o inicio da tramitación da Lei de arquitectura de Galicia

1 minutes read

A nova lei introduce unha serie de particularidades na contratación pública da redacción dos proxectos e das direccións de obras como a recomendación de que os criterios de calidade teñan un peso do 75% da puntuación total nos contratos de servizo que non se tramiten por concurso e a oferta económica, polo tanto, non poderá avaliarse por encima do 25%. Tamén debe procurarse a contratación conxunta da redacción do proxecto e dirección da obra para garantir a continuidade e acadar a máxima calidade no proceso. 

A maiores, a Lei regulará o procedemento para acreditar a solvencia dos contratatistas tanto técnica como económica. A solvencia técnica acreditarase mediante títulos académicos ou profesionais en lugar dos proxectos realizados con anterioridade para “abrir o campo a novos arquitectos”. No que respecta á solvencia económica, poderase certificar a través dun seguro de responsabilidade civil e non só co volume anual de negocio.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, tras a reunión do Consello, o inicio da tramitación desta Lei de arquitectura de Galicia, coa que a Comunidade se situará na vangarda de España no impulso da súa calidade.