Aprobado un plan para o retorno de 23.000 españois emigrados


O Consello de Ministros aprobou o Plan de Retorno: Un país para volver, no que se inclúen 50 medidas para conseguir que os miles de mozos que emigraron durante a crise en busca dun futuro mellor, volvan a España.

Segundo explicou a portavoz do Goberno, Isabel Celaá, o plan pretende atender inicialmente a 10.000 emigrantes, e chegar ás 23.000 persoas no ano 2020. Para iso, destinarase un orzamento de 24 millóns de euros para os dous anos.

“Non só é para mozos, senón para outros perfís e familias que tiveron que saír en busca dun destino”, dixo Celaá, que ademais cre que é unha “boa iniciativa que fai xustiza a esas persoas que tiveron que marchar durante a crise”.

Aínda que non concretaron as 50 medidas para poñer en marcha este plan, si que confirmaron algunhas como a aplicación dunha bonificación na cota de autónomos con tarifa plana de 60 euros (para así favorecer o emprendemento), bolsas para investigadores,un servizo de mediación laboral e un buscador de emprego.