Aragonès afirma que o referendo é “irrenunciable”


Na mensaxe institucional do presidente catalán con motivo da Diada do 11 de setembro que pronunciou desde o recinto modernista de Sant Pau en Barcelona, Aragonès subliñou a importancia da mesa de negociación. “Cataluña está ás portas de facer unha cousa que non conseguiu nunca antes: abrir unha negociación co Estado, de goberno a goberno, para acordar como resolver o conflito”, afirmou. Ademais comprometeuse a levar a esa mesa un referendo de independencia que ve “irrenunciable”.