Aragonès cesa o vicepresidente do Govern (de JxCat) por perda de confianza


O presidente catalán, Pere Aragonès, confirmou que seguirá á fronte do Goberno da Generalitat en coalición con Junts, pero cesa o seu vicepresidente e conseller de Políticas Dixitais e Territorio, Jordi Puigneró, máximo representante de Junts no seu executivo, por “perda de confianza” nel.

Aragonès compareceu pasadas o once da noite deste mércores desde a Galería Gótica do Palau da Generalitat, tras unha reunión extraordinaria do Govern, que se alongou algo máis de dúas horas, e un posterior encontro de máis de tres horas do president co secretario xeral de JxCat, Jordi Turull.

A perda de confianza débese a que este martes Puigneró non o informou con antelación da ameaza de Junts de pedir a Aragonès que se someta a unha cuestión de confianza, polo que o president pediu aos seus socios de JxCat que escollan un novo nome para substituílo.