Arde unha cociña en Oruxo, Muxía

0 minutes read

Ás 16:30 horas deste xoves, o 112 Galicia, requiriu a actuación dos Bombeiros de Cee para sufocar un incendio na cociña dunha vivenda do lugar de Oruxo, en Muxía. Ata o lugar mobilizouse o equipo de garda, con vehículo BUL intervindo á súa chegada. A rápida actuación dos profesionais anti-incendios evitou que as lapas se propagasen o resto da cociña. Por sorte só hai que lamentar danos materiais. Ademais tamén interviñeron efectivos de AVPC Protección Civil de Muxía e a Policía Local.