28
A tarde deste martes resultou fatal para unha familia larachesa que viu como en poucos minutos perdía a colleita de trigo das súas leiras por un devastador incendio na parroquia de Lemaio, do cal se investiga a orixe. O 112 pasou aviso ás cinco da tarde e ao lugar mobilizou a dúas brigadas forestais coas súas respectivas motobombas para tratar de conter o lume, pero á súa chegada o incendio xa estaba moi avanzado e pouco puideron facer, máis que evitar a súa expansión.