Arden 40 hectáreas de monte en Santiago

1 minutes read

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado ás 5:50 horas deste sábado no Concello de Santiago de Compostela, parroquia de Figueiras, quedou extinguido pola tarde.

Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 40 hectáreas, das cales 10 foron arboradas e 30 de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.