Arden dous colectores do lixo en Carballo, un na rúa Fomento e outro na rúa Oriente

1 minutes read

No primeiro dos casos os bombeiros do parque provincial de Carballo interviñeron na extinción dun lume nun colector de lixo na rúa Fomento. O aviso procedeu do 112 ás 01:16 horas da madrugada deste mércores. Ao chegar ao punto, os bombeiros confirmaron que xa non había lapas no interior do elemento procedendo ós labores de extinción completa. O contedor orgánico quedou inservible.

No segundo dos casos, os bombeiros tamén interviñeron noutro colector de lixo tras outro aviso do 112 ás 02:05 horas. Sucedeu na rúa Oriente, tamén en Carballo. De novo, xa non había lapas activas pero os profesionais procederon á extinción completa do colector xa que ademais había outros contedores e vehículos ao redor. Tanto o colector principal como outro que estaba ao lado quedaron inservibles.

Nos operativos tamén participaron Policía Local e Garda Civil de Carballo.