O lume ameaza varias casas en Carballeda de Valdeorras


O incendio que permanecía estabilizado reactivouse, segundo o operativo de extinción a causa do vento, aproximándose ás casas e mesmo chegou a algunha delas. A situación tamén é complicada en Folgoso do Caurel. A Consellería do Medio Rural solicitou como medida preventiva a Situación 2 en ambos casos. Cabe apuntar que están declaradas outras tres Situacións 2 na nosa comunidade, dúas en Folgoso do Courel e unha terceira na Pobra do Brollón. O incendio rexistrado na parroquia de Riodolas, e que ata o momento é un dos máis importantes de Galicia xunto ao do Folgoso provocou un amplo despregamento de medios aéreos e terrestres. No seu control participan seis técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, tres pas, catro avións e seis helicópteros. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.