29
Na tarde deste luns declarouse un incendio nunha das naves industriais de Cedie, na Avenida de Galicia, no Barco de Valdeorras. O lume foise estendendo a outras naves próximas. Polo de agora descoñécense as causas do sinistro. Aínda que algunhas fontes aseguran que o lume se produciu durante o traballo de reparación da cuberta dunha das naves do complexo industrial, destinada ao almacenamento de resina de pino. Indagando que algún residuo incandescente procedente dos traballos puidera caer sobre a resina almacenada na nave. O incendio provocou unha gran nube de fume, pero aclaran que non se produciu a combustión de elementos industriais polo que puidera ser tóxica.