Aínda que seguirá á fronte do partido, Otegi, que foi candidato en 1998 e 2001, renuncia a selo a pesar de que era a primeira vez que podía presentarse desde a ilegalización de Batasuna en 2003 e tras a súa condena en 2011 a 10 anos de cárcere e outros tantos de inhabilitación polo caso Bateragune. O líder abertzale afirmou que a súa decisión tomouna «hai moito tempo», antepoñendo os «intereses do país e da xente» aos seus persoais e aludiu a un «cambio de ciclo político» marcado polo crecemento electoral «sostido» da «esquerda independentista». Otegi non deixará a primeira liña da política, xa que se presentará o próximo ano como candidato a ser reelixido como coordinador xeneral de EH Bildu, pero argumentou que resulta necesario deixar a substitución a unha «nova xeración» que encarna os «valores emerxentes da sociedade vasca». «Toca dialogar, fiar fino, ser prudentes, ambiciosos e construír grandes acordos entre diferentes», concluíu.
30